Una de las sensaciones más placenteras que he experimentado en mi vida, ha sido estar sobre las tablas y gracias a la danza, poder expresar mis sentimientos con LIBERTAD

domingo, 11 de abril de 2010

¿E isto? ... o meu Pai!

              Canto tempo oculto levarás, agochado entre as follas deste vello  libro.
              Máis hoxe, fixécheme sorrir.
              Estou no certo, si aseguro, que non será a última que atope nalgún outro exemplar desa biblioteca que ainda no"berce chora" pero que crecerá.

              Pai, deste xeito guiábas  ti os  meus inseguros pasos. Así sentía o empurrón hacia a vida, e sempre tiñas túas meirandes grandezas ; a escoita, e a paciencia, por bandeira.

             E aquí sigo, tratando de facer camiño, máis podes estar tranquilo que xa escorreron os medos.

              Non sabes de canto me serviron as nosas falas, das que lembro frases, que acotío, comparto cos rapaces,e  cos que intento , polo menos , parecerme un pouquiño, a ti ; Gran Mestre na casa, Gran Mestre na escola; coma estas:

" pra adiante, e se erras, aquí terás sempre, este meu ombro, para chorar"
"o mundo xira como xira e non como ti queres que xire"
"e que non sabes esperar"
" non deixes que as túas bágoas che impidan ver o sol"
"agora durme e non penses niso, mañán será outro día"
"como sigas así, caerás de cú, pero alá ti"
...e moitas máis.
Gracias por ser así.

Gracias por ser meu pai
                          
                                     V.S.

1 comentario:

Portorosa dijo...

Eres afortunada por eso.
No lo olvides. No lo olvides en los malos momentos. Y trata de tenerlos buenos, para merecerte esa fortuna.

Un beso.