Una de las sensaciones más placenteras que he experimentado en mi vida, ha sido estar sobre las tablas y gracias a la danza, poder expresar mis sentimientos con LIBERTAD

domingo, 13 de marzo de 2011

A CANTINA DO ATALLO. Visita obrigada

Emplazada nunha zona privilexiada, atópase un recuncho, onde a paz, a liberdade, o respeto e a acollida, mestúranse coas nosas raíces, a nosa música e unha cociña que fai xurdir a amizade i e motivo de encontro entre variadas  personalidades.

Non fora nunca, non a coñecía. Máis esta fin de semana, estabamos  invitados  a un concerto, no local.

A acollida , inmellorable.

Disfrutei tanto, que perdín a noción do tempo, e malia que o concerto non foi á hora prevista, senón cando tivo que ser, o agradecín sobremaneira, porque gracias a eso disfrutei da compaña, das risas, da bóa conversación, e o que para min foi ó máis importante neste período da miña vida; a comprensión dunha parella admirable e que aprecio desde mociña, que coñezo dende fai anos, e que por circunstancias da vida, perdera tan valioso contacto, agora recuperado.

Xente de principios, coa cabeza colocada, sempre cun sorriso no rostro, a pesar dos atrancos que cada un teña na súa loita diaria .

S; a loita, a amizade, o agarimo, o sorriso, a miña "Clave de Sol", cunha constante no seu vivir; a axuda desinteresada ós demais.
Non a cambiou a transparencia do seu mirar, que coma sempre, invita a confiar.

A súa porta chamei, un día de desolación e desconcerto. E cambiou o meu rumbo, din un pulo, e crín, que era preciso tirar para arriba (gracias polos bos consellos).

Non pechou a porta, non, ó contrario; o día seguinte era o primeiro día do resto da miña vida.

Ensinoume que a cidade era plural e que había quen de collerche da man, e facerte despegar. Non sei si serei quen de estar á altura cando me necesite. Pero, sabes que aquí, sempre, para o que sexa, estou.

F; mans e corazón de ouro, nunha loita brutal pola súa causa, pola miña , pola de tantos outros,...
Podes estar feliz. Sei que verás recompensado o teu esforzo. Traballadora nata. Sembrando, paseniño, e xa recollendo éxitos, que disfruta (cando pode). ADMIRABLE, na súa entrega ós demáis.
Non esquecerei xamais, unha chamada, unha bolsa chea de FROITA e  auga, o tempo dedicado, a enerxía, e os sabios consellos, pilar importante, tamén do meu renacer.

C; HOME DE BEN, o foi de sempre, axudando a tantos e tantos adolescentes a medrar, e coidando da súa nena; a  súa moza de sempre. Da gloria velos. Que ledicia estar con vós.
Traballador nato, e sempre rodeado de amigos, sociable por naturaleza, empatizou e se desviviu por facer que a velada discurrise de forma tranquila e sosegada.

M; abrazo sinceiro na acollida. Deses que agradece o corazón. Precisei tempo, mais comprendin a sorte de atopar o teu/meu rincón.
Roubeite algunha das túas frases, que creín para min moi importantes. Espero non che moleste e cando volte pola cantina "non me mates",...je,je.



Ei voltar, ¡seguro!, a facer fotos da comarca, e como non teño palabras; para expresar o ben que me fixo a xuntanza, quen me vexa e me pregunte, no meu rostro apreciará , canto disfrutei do venres, da compaña, e da velada.

Quedo con moito sentimento dentro, que como non sei como expresar, quedará para outra entrada.

Bicos aos da cantina,...
                                   ...xa me tarda "darvos de novo a lata"


http://www.laimaxe.com/

No hay comentarios: