Realmente foi máxica, moi máxica e especial.
Rodeada de xente moi boa, que non contaba que fosen a estar alí, e á que quero moito. Eu máis ou menos, cumprín co que "está mandado", con algunha que outra torcedura na lumieira, que non pasou desapercibida por un pequecho moi gracioso:
"SI, SI, ...PERO HAY QUE SALTARLA POR EL MEDIO"
Un intre no que disfrutei moito, foi o momento "periodístico", no que intercambiei impresións con dous cociñeiros das instalación, cos que botei un bo rato de "parola", e que me deleitaron, con historias dos seus trinta anos de profesión.
Non só me ofreceron o suculento manxar, senón que foron quen, dixar que me recrease , retratando os lustrosos exemplares que nos regalara o mar, e por riba posar para a miña foto.Moi agradecida,
E lembreime de vós, si dos dous, e velaí vai, para o voso deleite, un poema escrito polo meu pai, que expresa o meu sentir,nesta fermosa longa noite.
A FHC, FSM.
Gracias, moitas Gracias por todo.
AMISTADE
descubrin un día.
Compañeiros da noite
e guías da oscuridadefumos xuntos
Imos ámbolos dous pola vida
¡Hoxe quero cantar á amistade!
Non atopo verbas
nas que poder plasmar
amigo, a leticia da xuntanza,
unidos ti e mais eu
nun só i eterno pregar.
Eu son ti, e ti eres eu.
Non somos dous,cada un somos un,
amigo unha ialma,
un corazón palpitante
no mencer dunha alborada
Somos un só camiño,
unha risa nova
que afrorece viva e sinxela
en cada instante.
Toma ti as miñas mans,
amigo, amigo meu,
irmán de cada día, compañeiro na noite,
estrela que brilas
nunha aperta fonda,
nunha aperta fundida.
¡Amigo meu, Amigo, Amiga!
F.J.V.M.
nunha aperta fundida.
¡Amigo meu, Amigo, Amiga!
F.J.V.M.
2 comentarios:
Qué bonito Nicole. Tu relato, el poema, las fotografías y las flores.
Gracias, Last. Me alegro de que te gustase. Fué como una mezcla-amistad,padre,hija,...que me salió del alma.
Un bico
Publicar un comentario