Una de las sensaciones más placenteras que he experimentado en mi vida, ha sido estar sobre las tablas y gracias a la danza, poder expresar mis sentimientos con LIBERTAD

miércoles, 10 de febrero de 2010

¡Un home con inquedanzas!

E velaiquí que chegou ás miñas máns este exemplar, onde aparece quen foi parte importante no milagre de regalarme o máis preciado do ser humano: A VIDA (no máis amplo sentido do termo).

O máis curioso é que eu ando a argallar, para os meus alumnos particulares, un breve artigo dos carnavais en Galicia (Galiza, non me gusta, pareceme rudo, e o galego sempre foi moi "doce". Permitídime a licencia), para que coñezan a nosa cultura, e a súa orixe; os distintos domingos que existen, personaxes singulares con historia; Peliqueiros, Pantallas e Os Xenerais,..., xa que para o meu desconcerto, non oíran falar nunca deles. (e é algo que non entendo, que non me cabe na cabeza, porque é a nosa cultura, as nosas raices, o que marca o noso comportamento, de onde vimos,...en definitiva:  o que somos)

Así que esta iniciativa da asociación Xábrega (da que o meu proxenitor,  é membro fundador) cousa que me enorgullece sobremaneira, pareceme de todo acertada.



¡Noraboa Xábrega! pola vosa implicación.
___________________________________


Asociación Cultural Xábrega

E-mail: info@xabrega.org
Dirección: Cupido, 5, 15624 - Ares
Responsable:Emilio Mesías (Presidente)
Persona de contacto:Vicky Saavedra. (Secretaria)
Tlf. 616 38 84 71 , 606113389 Vicky, 626783414 Emilio



No hay comentarios: