Una de las sensaciones más placenteras que he experimentado en mi vida, ha sido estar sobre las tablas y gracias a la danza, poder expresar mis sentimientos con LIBERTAD

domingo, 27 de febrero de 2011

ASPANEMI

¿Que é ASPANEMI?

É unha asociación de pais de nenos con minusvalía.

¿Como nace ASPANEMI?

A asociación nace pola necesidade dos pais de nenos con minusvalía de poder contar cun espazo de encontro e, á vez, de axuda ás necesidades dos seus fillos.

¿Quen forma ASPANEMI?

Un grupo de pais de nenos con minusvalía e outros socios colaboradores que comprenden as necesidades destes nenos e nos apoia
¿Que nos preguntamos os pais?

¿Que nos preguntamos os pais?


¿Realízase un diagnóstico a tempo para os nosos fillos? ¿recíbese a asistencia necesaria? ¿existe suficiente coordinación entre os distintos especialistas? ¿temos a adecuada integración dos nenos nos colexios?

¿Que pretende ASPANEMI?

Axudar aos pais a asumir a situación que se lles presenta ao saber que teñen un fillo con problemas.

Acadar que os nenos sexan atendidos dende o momento no que se detectan ás súas minusvalías co fin de poder desenvolver ao máximo ás súas capacidades.

Realizar calquera tipo de actuación que poida contribuír á mellora da integración dos nenos e xente nova con minusvalías.



Contacto:


R/ Reis Católicos, 49, baixo- Santa Icía


en horario de 09:30 a 13:30 ou chamar o teléfono 687512849

No hay comentarios: