Una de las sensaciones más placenteras que he experimentado en mi vida, ha sido estar sobre las tablas y gracias a la danza, poder expresar mis sentimientos con LIBERTAD

miércoles, 23 de febrero de 2011

CANTIGA DE AMIGO

Tenro, doce, sereno...
arca dos máis profundos silencios,
gardian dos restos do meu naufráxio,
a quen a paz confiaron antaño,
meu refuxio; o teu mirar.

Ollos que estremécen,
luceiros que  dasatan,
(tenro ao comenzo,
¿apaixonado?, se cadra)
sentir os teus beizos,
inquedanza da miña ialma.

Os sonos contigo,
son o mais doce presente,
con  tenrura, tiento e loucura,
así es ti; "neste mundo meu
das ideas",
onde xermola
ese teu lado  salvaxe,
e onde a miña pel núa,
repousa, rexuvenece e renace.

Mais meu amigo
non ousaría, nin ten sentido
pedirche nada,
nin tratar de  coñecer,
se me odias ou me amas.

So quería que soubeses
que devezo por amarte,
e só a razón me impide
darche en man esta cantiga,
que con garbo e valentía
espontánea e libre nace.

Túa amizade, éncheme de orgullo,
e descoñezo outro xeito de mirarte.
Mais non temas, meu amigo
non pretendo incomodarche
xa Platón, con moito tino
e quen de resgardarte do perigo,
engaiolando tanto erotismo
na súa gorida infame.

Mais mentiría se  negase
que se o filósofo me soltase,
morrería por durmir tranquila,
só unha noite, envolvida
polos brazos teus cobizosos,
e xunto a ti, repousando,
descubríndote cos ollos pechos,
coma os cegos, acariñando
entregada á paixón,...
regalándome un momento eterno.  

Afastados para sempre,
o sei, máis non me fire,
porque es a miña fantasía,
todo ilusión, meu sono,
miña ciencia ficción...


Máis xa abonda,...penso,...
cecáis pequei en exceso,
do sentir que desborda,
e carece de dique que o pare,
i é, o único que me frena;
os que polo meu cantar sincero,
tornen sin pretrendelo
en danos colaterales.

No hay comentarios: