Una de las sensaciones más placenteras que he experimentado en mi vida, ha sido estar sobre las tablas y gracias a la danza, poder expresar mis sentimientos con LIBERTAD

viernes, 25 de febrero de 2011

O sono de calquer pequecho, mais non ao alcance de todos.

O outro día, camiño de botar unha parrafada cun mozo (non sei ata que idade se é moz@, je,je) que facía tempo que non vía, amosoúme a tenda coa que de seguro tóda a miña xeneración, soñara daquela.


Un home despachaba todo tipo de doces e golosinas, que se apilaban en delicados cestos de bimbio.Decorada en rosa, blanco e tonos pasteis,... posuía tódalas delicias coas que un rapaciño podería soñar.

E por riba, agachaba un gran segredo,... aló no fondo, tras unhas escaleiras atopábase un mundo máxico, onde libros didácticos para idades varias e outros materiais tiñan como misión entreter i educar.

Falamos co home, que nos amosou aínda o mellor da estancia: un precioso guiñol, que cada xoves entretiña ós máis pequenos, cun teatriño. (doume no punto, xa que son fan número un dos títeres e marionetas)

Pasou.

Esto foi o domingo á mañán.
O luns propuxéronme para este venres, se me apetecia colaborar, xa que se contrataron todo tipo de aparellos hinchables para nenos con minusvalía, pero convidando tamén a todo rapaz/a que puidesen acercar os pais ÁS CINCO DA TARDE A VALDOVIÑO.

Deste tema, cando falamos, coido que é preciso facelo con moito tino, pola gran casuística de minusvalías existente, pero en xeneral, sin profundizar, considero moi positivas as aportacións mútuas entre nenos con e sen impedimentos.  Eu xa traballara en Santiago con xente con este tipo de problemas, pero por circunstancias, ata agora non puiden retomalo, malia que morría por volver a estar xunto a eles e aprender...puf!,...e vivir, e sorrir...

Total que falando con quen me invitou, comenteille o do guiñol e o da tenda, (pola que por certo ei de pasar mañan a comprar. De modo que; Brais, non temas, e durme tranquilo, que a túa amiga non esquece unha promesa e menos se se trata dun mociño coma ti), e a resposta foi unha pregunta que me entristeceu sobremaneira, e que coa emoción nin me decatara dela:

-¿Está preparada para nenos con minusvalía?Rampas,....
-Penso que non.
-Pois non vale.
-Que pena,... tes razón.


Mañá, ei botar outra ollada,i ei preguntar..., xa vos contarei

1 comentario:

MargotF. dijo...

Voltei a tenda e falei cos donos, que xa pensaran no tema.
Contei e son 8 escaleiras,...